Roteiros
Lar Novas Actividades Roteiros Licencias Fotos Foro Ligazóns Contáctanos Mapa do Web

 

Sen dúbida, a comarca de Chantada sorprenderá gratamente a todos aqueles que decidan coñecela: fermosos paisaxes naturais, pintorescas aldeas, auténticos miradores naturáis aptos para a práctica do voo, tanto en parapente como en ala delta ou gran variedade de referencias histórico-artísticas. Enumerar eiquí  as multiples posibilidades de achegarse a estas terras sería interminable; por elo, únicamente faremos alguna reseña sobre os posibles lugares a percorrer:

 

Roteiro dos Codos de Belesar

Dende as proximidades da igrexa rómanica de Santo Estebo de Ribas do Miño,  parte un sendeiro que, pasando por Galegos, vos levará ata Diomondi, outra das xoias do románico da comarca do Saviñao. A partires de alí comézase a baixar pola traza da antiga calzada romana. Parte das suas lousas ainda se conservan, e vos conducirán mediante un descenso de curvas pechadas (os denominados Codos) ata o propio pobo de Belesar. A volta realízase por unha tranquila estrada á beira do propio río Miño, frente ós fermosos viñedos de San Fiz.

Duración aproximada ida e volta : 4 horas

subir

Roteiro do Río Asma

Dende a explanada de Tarrío, cóllese un sendeiro que, cruzando o río Asma unhos centos de metros antes da súa desembocadura no Miño, combina un tramo inicial baixo un fermoso e húmedo bosque, co resto do percorrido a media ladeira, entre viñedos, e rodeando o monte de San Pedro. As panorámicas da 'ribeira' entre San Fiz e Belesar son excepcionais.

Duración aproximada ida e volta : 2 horas

subir

Roteiro da Igrexa de Pesqueiras

Dende a estrada que sube da central de Belesar cóllese un sendeiro que nos leva a descubrir o 'misterioso' emprazamento da igrexa de Santa María de Pesqueiras, xoia esquecida do románico, rodeada dun impresionante souto de castiñeiros centenarios. Podemos continuar ata a 'ribeira' de Sabadelle, na que a pista nos levará ata a beira mesma do río Miño, eiquí embalsado a modo de pequeno 'mar interior'.

Duración aproximada ida e volta : 2 horas

subir

Roteiro da Fervenza de Augacaida

Dende a estrada que conduce ata a noutrora puxante aldea de Marce baixa un sendeiro no que o tramo inicial é bastante suave, ainda que a medida que nos introducimos na vaguada do Rego de Aguianza, o trazado vaise empinando. O treito final é un pouco abrupto, ainda que axudados por sogas, poderemos chegar xusto ó pé dunha espectacular fervenza nunha paraxe cunha humidade que aliviará o noso esforzo de vires e reconfortaranos para o esforzo de voltares.

Duración aproximada ida e volta : 2,5 horas

subir

 

 

Outros Roteiros