|
| |
|
Roteiro Sur do Camiño de Santiago
|
O denominado Roteiro Sur provén de terras leonesas para internarse
na nosa Comunidade Autónoma por Montefurado e, seguindo o leito do Sil,
achegarnos a Quiroga e Pobra de Brollón. A partir de aquí, o ramal do
sur levaríanos a terras de Chantada. A 5ª etapa, de Belesar a Monte
Faro, discorre ó longo de 16,7 Kms. polo concello chantadino. Ponte
Hermida, Follotal, Queixeiros, Alemparte, casco urbano de Chantada,
Centulle, Asma, Lucenza, Vilaseco, Penasillas e Monte Faro son as
paradas obrigatorias dun percorrido cheo de suaves pendentes, desde as
que se contemplan paisaxes de gran beleza natural.
|
Roteiro do Románico
|
Percorrido artístico pola Igrexa de Chouzán (monumento
histórico-artístico do século IX), Igrexa de Santa María de
Pesqueiras (monumento nacional dende 1950), Igrexa de San Salvador de
Asma, Igrexa de San Pedro de Bembibre, Igrexa de San Miguel do Monte e
mosteiro de Vista Alegre.
|
Roteiro dos Encoros
|
Nos meses de verao pódese percorrer a Ribeira Sacra do Sil e do
Miño en catamarán polos encoros de Belesar e Os Peares no río Miño e
o de Santo Estevo no río Sil. Con este itinerario ademais de apreciar a
espectacular paisaxe destas ribeiras, poderemos admirar monumentos
histórico-artísticos de gran interese como a igrexa de Sto. Estevo de
Chouzán o la de Sto. Estevo de Atán. (Tfno. información.982-292908).
|
Roteiro de Tarrío, Líncora e Camporramiro
|
Pequena ruta de 5 Kilómetros e medio para realizar a pé ou en
bicicleta. Saíndo de Chantada po la C-533 con dirección a Monforte e
seguindo o leito do Asma atopámonos a 4 Quilómetros con Tarrío. Dende
alí, pola dereita, e por un camiño en pendente rodeado de viñedos e
soutos poderemos observar os restos da antiga calzada romana que conduce
a Belesar. Dende Os Queixeiros, por unha estrada secundaria, chegaremos
a Líncora, onde poderemos deternos para admirar a igrexa románica de
San Pedro. O noso roteiro está chegando ó final; así unha desviación
á esquerda levaranos a Camporramiro, para regresar novamente ó punto
de orixen.
|
|
|
|
|
|