 |
Copa Galega de Escalada 2003 (10/07/03)
Quedou xa fixado o calendario para a Copa Galega de
Escalada 2003. As inscripciones para cada unha de
estas probas deberán estar na FGM cinco días antes da data de
celebración das mesmas e o prezo é de 10 Euros.
Como detalle, sinalar que na última proba, na Coruña, no mes de
novembro, estarán presentes o Director Técnico da F.E.D.M.E e outros Técnicos
da mesma, co fin de detectar novos talentos, polo cal será unha cita
obrigada para todos aqueles deportistas, principalmente os máis novos,
que destaquen na escalada e desexen ampliar a súa actividade.
O primeiro e segundo clasificados serán subvencionados para participar
na Copa de España se así o desexan.
O calendario é o seguinte:
20 de Setembro en Manzaneda (Rocódromo
Estación Esquí)
27 de Setembro en Ferrol (Rocódromo Municial)
18 de Outubro en Pontevedra (Rocódromo
Municipal)
22 de Novembro na Coruña (Rocódromo Municipal)
|